Yoly Saa
De cantar no metro a facelo en televisión. De ser futbolista profesional a iniciar unha xira por toda España presentando o seu primeiro disco.
Do silencio e a timidez a ser abanderada da saúde mental e os dereitos do colectivo LGTBIQ+.
Desde que Yoly Saa decidiu deixar atrás a súa vida en Pontevedra para probar sorte en Madrid, a súa carreira tomou impulso e xa non é só unha nova promesa, senón unha das artistas con maior proxección no panorama musical actúal.