PREGUNTAS E RESPOSTAS

Que é Canta Ferrol ?

Canta Ferrol é un concurso musical promovido pola Concellería de Xuventude do Concello de Ferrol que ten por obxectivos:
– Premiar á mellor voz de Ferrolterra.
– Ofrecer unha oportunidade aos novos talentos da nosa comarca sentando as bases dunha posible carreira profesional na música. – Desenvolver unha actividade lúdica da que poidan gozar de forma gratuíta mozas de toda a comarca.
– Facer partícipes aos Centros educativos da comarca de Ferrolterra e aos seus alumnos e alumnas a través dunha actividade con alto contido lúdico pedagóxico.

Podo participar en Canta Ferrol ?

Podes participar no concurso se tes entre 12 e 18 anos de idade e estudas nalgún centro educativo de Ferrolterra. 

Como me inscribo en Canta Ferrol ?

Podes inscribirche enviando un vídeo cantando a canción que elixas ao mail cantaferrolterra@gmail.com Non é importante a calidade do vídeo, é suficiente cun vídeo gravado co móbil para que o xurado teña unha primeira impresión de como cantas.

É moi importante que no mail indiques o teu nome e apelidos, a túa idade, o teu colexio ou instituto, o curso no que estudas e un teléfono de contacto.

Se es menor de idade tamén terás que indicarnos os datos de contacto do teu pai, nai ou titor legal.

A data límite de inscrición é o Venres 10 de Febreiro do 2023. Esta data poderá modificarse pola organización se fose necesario para o correcto desenvolvemento do concurso.

Ó concurso é individual ?

Si, o concurso premia a mellor voz de Ferrolterra, polo que só poden presentarse solistas. Non se admiten dúos nin outras formacións musicais.

Como se se son escollido?

Escolleremos un máximo de 2 participantes por centro entre todos os alumnos e alumnas rexistrados. A partir de 10 de Febreiro chamaremos persoalmente aos candidatos seleccionados para convocalos a unha reunión cos seus pais ou tutores legais na que lles explicaremos toda a dinámica do concurso.

Que canción teño que cantar?

Cada concursante terá que escoller unha canción para cantar na semifinal, e que poderá ser distinta á enviada no vídeo inicial de selección.

Esta mesma canción será a que deberá interpretar cada candidato en caso de ser finalista. As actuacións faranse en half playback, voz en directo e música gravada.

O concursante terá que comunicar a canción elixida á organización o día da reunión.

No caso de que dous ou máis participantes elixan a mesma canción, a organización sorteará quen deles a interpretará, tendo que elixir o resto outro tema.

A organización encargarase de descargar e entregar o playback a cada concursante para que poida ensaiar a súa canción. É imprescindible que a canción escollida conte cun playback de calidade.

De non atopar un playback de calidade a organización comunicarallo ao concursante para que poida escoller outra canción.

Se o concursante necesita un cambio de ton na canción, comunicarallo á organización no prazo 24 horas desde que a reciba por primeira vez. A organización encargarase de realizar o cambio na súa canción e entregarlla de novo ao concursante vía mail.

As semifinais?

Todos os concursantes terán que cantar a canción escollida nunha das semifinais para poder converterse en finalista de Canta Ferrol.

Organizaremos dúas semifinais que terán lugar no Teatro Jofre de Ferrol os días 14 e 29 de Marzo do 2023. A participación dos concursantes nunha ou outra data escollerase mediante sorteo e comunicarase vía mail. Os concursantes terán que asistir á semifinal nos horarios indicados pola organización.

A organización entregará a cada concursante 10 invitacións para que asista acompañado á semifinal. Estas persoas terán que situarse no patio de butacas. Un dos acompañantes contará cunha acreditación especial e, cumprindo en todo momento coas indicacións da organización, cando esta así llo indique, poderá acceder co concursante á zona de backstage e escenario.

As semifinais gravaranse e retransmitiranse posteriormente por Twitch. Os vídeos de cada actuación tamén se subirán a Instagram e Tik Tok..

Votaciones online?

Cada concursante poderá ter un máximo de 100 puntos para converterse en finalista. 25 destes 100 puntos serán outorgados mediante votación online en Instagram e Tik Tok, o resto será outorgados polo xurado e a organización

Votación Online Primeira semifinal

A semifinal do día 14 de Marzo retransmitirase por Twitch o día 21 de Marzo ás 20h. Finalizada a retransmisión subiremos os vídeos de cada actuación a Instagram e Tik Tok e abrirase un período de votación de 5 días. O vídeo que sume máis me gusta nas dúas redes sociais levará 25 puntos, o segundo 24 e así sucesivamente. A votación online pecharase o Domingo 26 de Marzo ás 00.00h.

Votación Online Segunda Semifinal

A semifinal do día 29 de Marzo retransmitirase por Twitch o día 4 de Abril ás 20h. Finalizada a retransmisión subiremos os vídeos de cada actuación a Instagram e Tik Tok e abrirase un período de votación de 5 días. O vídeo que sume máis me gusta nas dúas redes sociais levará 25 puntos, o segundo 24 e así sucesivamente. A votación online pecharase o Domingo 9 de Abril ás 00.00h.

O concursante con máis votos de cada semifinal ganará un pase de oro e converterase directamente en finalista.

A gran final?

A final de Canta Ferrol celebrarase o Venres 14 de abril do 2023 no Auditorio de Ferrol e todos os concursantes estarán convocados á final. A organización entregará a cada concursante 20 invitacións para que asista acompañado á final.

Estas persoas terán que situarse no patio de butacas. Un dos acompañantes contará cunha acreditación especial e, cumprindo en todo momento coas indicacións da organización, cando esta así llo indique poderá acceder co concursante á zona de backstage e escenario.

Quen cantará na final? Aínda que todos os concursantes están convocados á final, só 15 deles poderán converterse en finalistas e cantar na mesma.

O xurado, formado polos coach e 2 persoas da organización, reuniranse con anterioridade para outorgar os seus 75 puntos. O concursante que máis lles guste levará 75 puntos, o segundo 74 e así sucesivamente.

O concursante máis votado online de cada unha das dúas semifinais terá un pase de ouro, e converteranse en finalista directamente, tendo dereito a cantar na final.

Os outros 13 finalistas serán os concursantes que máis votos sumen entre os conseguidos online e os votos outorgados polo xurado.

Aínda que os finalistas serán elixidos con anterioridade, para que o concurso sexa máis dinámico e divertido, o presentador irá desvelando os finalistas en directo durante a propia final.

A medida que os finalistas sexan chamados deberán subir ao escenario e cantar a súa canción diante dos coach e o público. Deste xeito manteremos a emoción ata o último momento.

A mellor voz de Ferrolterra

Unha vez finalizadas todas as actuacións o xurado reunirase para deliberar e escoller a mellor voz de Ferrolterra entre todos os finalistas.

Que premio terei se son a persoa gañadora?

O mellor premio que terán todos os participantes de Canta Ferrol será gozar dunha incrible e divertida experiencia na que coñecerán de primeira man o que significa ser cantante.

Escollerán a súa canción, terán que ensaiar, gravar un programa de televisión, facer entrevistas e subirse a un escenario para cantar na gran final diante do seu público. Pódese pedir máis?!

Pero ademais disto Canta Ferrol escollerá entre todos os finalistas a “A mellor voz de Ferrolterra”, quen gañará unha bolsa para formarse en canto, un asesoramento profesional e a gravación dun videoclip, todo iso valorado nun importe máximo de 1.000€ .